viernes, 16 de noviembre de 2012


Ver Programas de interveción con familias en un mapa más grande

A continuación procederei a describir brevemente cada un dos programas que aparecen sinalados no mapa.

Servizo de Canguros: Cando falamos de Servizo de Canguros referímonos a dous tipos diferentes, un que conta cun espazo físico e outro no que o persoal se despraza até as casas, pero ambos se semellan no seu carácter social. 
Na nosa cidade, o primeiro dos casos está situado no Centro Cívico dos Rosales, onde os nenos poden ir a facer os deberes, por exemplo. 
O servizo a domicilio trárase dunha empresa privdada que lle presta o seu servizo ao concello, e está pensado para familias con menos recursos e para días puntuais, de forma que os pais o soliciten.


http://www.marsupiadomicilio.blogspot.com.es/


Punto de encontro familiar: Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen a finalidade de facilitar o cumprimento de réximes de visita e favorecer o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos proxenitores de igual forma, e coas suas familias.
Estas entidades basean o seu traballo en proporcionar un lugar neutral, onde se realicen de forma normalizada as visitas ou intercambios de menores de idade cos proxenitores ou familia extensa que por diferentes motivos non posúen a custodia do menor.


 http://www.fegapef.org/



Programas de atención a familias monoparentais: É un programa que ten como obxecto a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e fillas menores ao seu cargo.
Actualmente realízase unha convocatoria para as entidades sen ánimo de lucro que realicen un programa de apoio a familias monoparentais, sempre que estean inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar.




http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-familia;jsessionid=3423A657AA88EB629FCDF3F5EC91FD56



Gabinete de Orientación Familiar: Os GOF son un recurso especializado no apoio e na promoción de calidade de vida das persoas e familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá.
Están dirixidos a todas aquelas persoas que residan en Galiza que consideren que na súa familia existe algún conflito.


http://benestar.xunta.es/web/portal/orientacion-familiar



Programas para a Mediación Familiar: A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, que mediante a intervención dun profesional trata de axudar ás parellas que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución para a súa problemática.


http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=3


Oficina de Igualdade e Benestar: Son oficinas situadas en diferentes localidades da nosa Comunidade dende as que se ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dende elas trabállase a prol da dinamización da igualdade de xénero no territorio, así como en favor da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos e no apoio á educación familiar a través do  programa Tecendo Redes.


http://www.igualdadebenestar.org/



Residencia de Tempo Libre: Son complexos residenciais destinados ao gozo do ocio e do lecer das familias, que dependen da Consellería de Traballo e Benestar, que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías no período estival. 


http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9